jueves, 29 de noviembre de 2007

Internet

Xa levamos varios días co tema 3, de Internet. Vimos algo da historia de Internet, qué provocou a súa aparición, como se xestiona e como conectarse.
Tamén falamos dos distintos servicios que ofrece Internet e agora imos explorar eses servicios. Logo de visitar a páxina de La Voz de Galicia, onte estivemos traballando co Google facendo distintas búsquedas.
Nos vindeiros días crearemos contas de correo électrónico, traballaremos con Mesenger, visitaremos algún foro e vos explicarei o funcionamente de programas que sirven para que distintos usuarios de Internet teñan acceso ós archivos que posúe outro usuario de Internet.
Además, teño previsto facervos un exame práctico (Paint, Calculadora, Explorador de Windows e Internet) a semana do 10 de Decembro

martes, 20 de noviembre de 2007

Fin de plazo de entrega de traballos

O pasado venres rematou o plazo de entrega dos traballos de Linux que vos encargara fai un mes. Se aínda non o entregáchedes podedes facelo de tódolos xeitos; pero, evidentemente, a falta de puntualidade repercutirá na nota do traballo (sobre todo tendo en conta que tíñades un mes para facelo).
Sinalar tamén que rematamos a parte de Windows e que o mércores empezaremos co tema de internet: historia, necesidades, utilidades, buscadores, etc.
Dicir tamén que a miña idea é facervos un exame práctico de Windows e internet unha vez rematado o tema de internet.

Usuarios

Debido a que a partir desta semana os compañeiros de 3º de ESO de Tecnoloxía van usar a aula de Informática, tivemos que eliminar os usuarios que tíñamos ata agora.
Por unha banda gáñase en seguridade e hixiene, pero por outra parte perdemos en privacidade. Como de todas esas cousas o máis importante é a seguridade pois seremos solidarios e respetaremos as carpetas dos nosos compañeiros se queremos que respeten as nosas.
Ademáis, así praticamos a creación de carpetas y manteremos todos unha boa estructura para gardar os nosos traballos.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Carpetas de Windows

Pasada a semana de exames retomei a materia onde o deixáramos. É dicir, seguín explicando a Barra de Inicio, os atallos, a Papelera de Reciclaxe e pronto empezaremos a traballar coas carpetas de Windows.
En canto ás notas dos exames considero que foron máis ou menos o que esperaba (salvo algunha sorpresa)