viernes, 26 de octubre de 2007

Exames

Xa fixemos os primeiros exames prácticos.
Polo que a mín respecta, penso que os resultados están sendo bós. Axustándose bastante ó que eu esperaba.
Seguide estudiando que para a semana que ven tedes o exame teórico.

martes, 23 de octubre de 2007

Paint

Nas clases de hoxe vimos cómo se traballa co Paint.
Primeiro investigamos as distintas opcións que nos ofrece o menú principal e logo expliquei cada unha das ferramentas deste programa.
Unha posibilidade que xurdiu foi a de que, nos últimos dez minutos de clase, podedes traballar co Paint e amosarme o que fixestes. Lóxicamente, estas prácticas influirán na nota.
Os debuxos podedes empezalos vós de cero ou podedes modificar algún debuxo que teñades. Por exemplo, se buscades no google "Iron Maiden" ou "Escher", no apartado de Imaxes, aparecen debuxos interesantes para modificar. Evidentemente, estas non son as únicas posibilidades. Podedes buscar vós outras cousas pola vosa conta.

lunes, 22 de octubre de 2007

Datas dos exames

As datas son seguintes:
Para 4ºB --> 25 e 30 de Outubro exame práctico
31 de Outubro exame teórico

Para 4ºC --> 31 de Outubro e 2 de Novembro exame práctico
30 de Outubro exame teórico

Estudiade moito!!

viernes, 19 de octubre de 2007

Panel de control

Entre hoxe e onte rematamos nos dous grupos o referente ó Panel de Control. Sei que é un tema que vos apaixoa e que tedes moita mágoa por ter que deixalo.
O seguinte que explicarei será o referente á Calculadora e o Paint, ás carpetas de Windows, a Papelera, os accesos directos e a barra de tarefas.
Tamén fixamos as datas dos exames.
Nunha próxima entrada vos recordarei esas datas para que non as esquenzades ou para que as podades consultar en caso de 'perdelas'.

lunes, 15 de octubre de 2007

Máis sobre Linux

Como vos dicía nun comentario estou buscando máis información sobre Linux por outras fontes... e empeza a haber resultados:
- links con información: introduccións sobre qué é e para que vale Linux, nalgún deles tamén hai unha introducción práctica.
1) http://es.tldp.org/Tutoriales/doc-tutorial-linux/tutorial-gnu-linux/index-1.html
2) http://linux.ciberaula.com/articulo/introduccion_practica_linux/
3) http://es.wikibooks.org/wiki/Introducción_a_Linux

- un pouco de historia: http://www.linux-es.org/sobre_linux
- unha guía coas distribucións, a súas características y as relaciones que existen entre elas: http://www.linux-es.org/distribuciones

Ademáis, coméntame que agora mesmo Ubuntu é a mellor distribución para empezar en Linux (http://www.ubuntu.com/ ) Incluso, pódese descargar gratis desde a súa paxina web.

martes, 9 de octubre de 2007

Windows

Inicialmente, a miña intención era a de que víramos un documental sobre Linux. Sen embargo, e debido a 'problemas técnicos' non puido ser. Así que comencei a explicar Windows. Empecei por o Panel de Control e vimos o referente a Apariencia e a creación de usuarios.
Como os 'problemas' para ver o documental xa se resolveron, volvimos un chisco atrás na materia e hoxe estivemos vendo parte do documental. Na próxima clase veremos o que falta.
Lembrade que a información que vos ofrece este video (se queredes velo tedes que buscar 'documental codigo linux' en youtube) pódevos ser moi útil para facer o traballo que vos encarguei.
Unha vez que vexamos este video retomaremos o tema de Windows.

Problema resolto

O dito. Xa amañei para que poidades facer comentarios sen problema ningún. Lembrade que hai a opción de firmar eses comentarios como 'anónimo'

Primeiro problema

Logo de varios días escribíuse o primeiro comentario. E, como soe suceder en Informática, cando se proban as cousas é cando aparecen os problemas.
O caso é que hai que xestionar o acceso ós comentarios. Así que farei os cambios pertinentes para que poidades facer os comentarios sen problemas.
Cando esté resolto xa os avisarei.

lunes, 8 de octubre de 2007

Traballo de Linux

Para facer o traballo podedes seguir o seguinte guión:
- Contextualizar Linux. É dicir, comentar que é o software, que é un sistema operativo e falar un pouco dos sistemas operativos máis coñecidos.
- Centrarse en Linux. Falar da historia de Linux (orixe e evolución no tempo), citar as súas características (o outro día xurdíu a dúbida de se Linux é multiusuario), ventaxas e desventaxas.
- Expoñer a vosa opinión persoal (que che parece este sistema operativo, se o usarías o usas, diferencias con Windows, etc.)
- Bibliografía e fontes de información (páxinas web que visitastes, libros que consultáchedes, etc.)
Non hai ningún problema en que sigades outro guión ou estructura do traballo.
Lembrade que tedes ata o 16 de NOVEMBRO para entregalo e que paga a pena ir facendo as cousas pouco a pouco desde agora e non ter que facer todo tarde, mal e a rastro a última hora.

domingo, 7 de octubre de 2007

Linux

Para ir rematando o primeiro tema expliquei o que é un sistema operativo.
Comencei falando en xeral de todos os sistemas operativos e logo pareime un pouco no MS-DOS. A continuación, falei de Windows e Linux, resaltando as diferencias entre ambos e sinalando que as ventaxas dun son os defectos do outro e viceversa.
Para avaliar a parte de Linux teredes que facer un traballo con respecto a este sistema operativo. Para ese traballo poderedes utilizar os apuntes que vos din, o documental que veremos na próxima clase e algunhas directrices que vos darei, así coma calquera información que poidades obter de internet ou de libros de Informática.

Primeiras clases

Retomei as clases onde o deixara o meu compañeiro Suso. Fíxeno seguindo as súas indicacións, é dicir, a asignatura non debe tomarse como ir ó ciber tres horas á semana. Haberá que traballar, esforzarse e poñer interese para aprobar a asignatura. Evidentemente, a faceta práctica que conleva supoño que fará de Informática unha asignatura interesante para os meus alumn@s.
Rematei de explicar o referente a buses, portos, tarxetas e drivers. Tamén falamos do código binario e definín o que é un bit, un byte, un KB, un MB e un GB.
Para rematar esta sección expliquei o referente ás memorias do ordenador. Centreime nas memorias ROM e RAM; aínda que xurdiron dous tipos de memorias máis: omemoria caché e a memoria virtual (das que falamos algo máis na seguinte clase).
Ó final da semana pasada expliquei as linguaxes de programación. Diferenciei entre a linguaxe máquina e as simbólicas. Pareime máis nas simbólicas xa que son as máis utilizadas e as que teñen máis ferramentas de programación.

martes, 2 de octubre de 2007

Primeira entrada

Este blog vaise adicar ó diálogo entre os profesores de Informática do IES A Cachada de Boiro e os seus alumnos. Este diálogo estará encamiñado a mellorar o contido das clases para que tod@s aprendamos e saquemos proveito.