domingo, 7 de octubre de 2007

Primeiras clases

Retomei as clases onde o deixara o meu compañeiro Suso. Fíxeno seguindo as súas indicacións, é dicir, a asignatura non debe tomarse como ir ó ciber tres horas á semana. Haberá que traballar, esforzarse e poñer interese para aprobar a asignatura. Evidentemente, a faceta práctica que conleva supoño que fará de Informática unha asignatura interesante para os meus alumn@s.
Rematei de explicar o referente a buses, portos, tarxetas e drivers. Tamén falamos do código binario e definín o que é un bit, un byte, un KB, un MB e un GB.
Para rematar esta sección expliquei o referente ás memorias do ordenador. Centreime nas memorias ROM e RAM; aínda que xurdiron dous tipos de memorias máis: omemoria caché e a memoria virtual (das que falamos algo máis na seguinte clase).
Ó final da semana pasada expliquei as linguaxes de programación. Diferenciei entre a linguaxe máquina e as simbólicas. Pareime máis nas simbólicas xa que son as máis utilizadas e as que teñen máis ferramentas de programación.

No hay comentarios: